Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA CREA UNHA NOVA BOLSA DE EMPREGO

26 Out 2020

É pra auxiliares de axuda no fogar

O concello de Rairiz de Veiga fai público no BOP do 26 de outubro por resolución da alcaldía, con data 08/10/2020, a aprobación das bases reguladoras para a formación dunha bolsa de emprego, con vixencia durante o ano 2021 para a ocupación de auxiliares de axuda no fogar para o concello de Rairiz de Veiga, coa finalidade de dispor de persoal para cubrir as necesidades do servizo e para cubrir renuncias, baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais de prestación do servizo das traballadoras.
1. O contrato que se subscribirá é o que regula o artigo 15.1.a) do Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (TRLET).
2. O sistema de selección é o concurso.

Bases específicas

1. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.

2. Duración: segundo as necesidades do servizo, máximo até o 31/12/2021

3. Contrato laboral para formalizar: temporal para obra ou servizo determinado.

4. Xornada laboral: segundo as necesidades do servizo, de luns a domingo, festivos incluídos.

5. Salario bruto mensual: a xornada completa 1.127,32 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). Tarefas para realizar: as indicadas na Ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar do concello de Rairiz de Veiga (BOP nº 177, do 03/08/2013, BOP nº 215, do 18/09/2014, e BOP nº 268, do 21/11/2015). As bases da convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/ e, no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Volver