O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA CREA UNHA BOLSA PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR
Cubrirá renuncias, baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais
O concello de Rairiz de Veiga, por resolución da alcaldía do 20/10/2021, aprobou as bases co obxecto de regular a formación dunha bolsa de emprego, con vixencia durante o ano 2022, para a ocupación de auxiliares de axuda no fogar para o concello de Rairiz de Veiga, coa finalidade de dispor de persoal para cubrir as necesidades do servizo e para cubrir renuncias, baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais de prestación do servizo das traballadoras.
1. O contrato que se asinará é o que regula o artigo 15.1.a) do Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado polo RD lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (TRLET).
2. O sistema de selección é o concurso.
Bases específicas
1. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
2. Duración: segundo as necesidades do servizo, máximo até o 31/12/2021.
3. Contrato laboral que se formalizará: temporal para obra ou servizo determinado.
4. Xornada laboral: segundo as necesidades do servizo, de luns a domingo, festivos incluídos.
5. Salario bruto mensual: a xornada completa 1.137,47 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional
das pagas extraordinarias).
Tarefas que se realizarán: as indicadas na Ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar do concello de Rairiz de Veiga (BOP n.º 177, do 03/08/2013, BOP n.º 215, do 18/09/2014 e BOP n.º 268, do 21/11/2015). As bases da convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello: [https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/board] e no taboleiro de anuncios, para maior difusión. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello http://rairizdeveiga.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

