O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR
Ofertan contratacións deica a fin de 2020
O concello de Rairiz de Veiga fai público no BOP do 12 de novembro, por resolución da alcaldía do concello, de data 21.10.2019, a aprobación das bases co obxecto de regular a formación dunha bolsa de emprego, con vixencia durante o ano 2019, para a ocupación de auxiliares de axuda no fogar para o Concello de Rairiz de Veiga, coa finalidade de dispor de persoal para cubrir as necesidades do servizo e para cubrir renuncias, baixas, vacacións, permisos e outros ceses temporais de prestación do servizo das traballadoras.
1. O contrato que se subscribirá é o que regula o artigo 15.1.a) do texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (TRLET).
2. O sistema de selección é o concurso.
Bases específicas.
1. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
2. Duración: segundo as necesidades do servizo, máximo até o 31.12.2020.
3. Contrato laboral para formalizar: temporal para obra ou servizo determinado.
4. Xornada laboral: segundo as necesidades do servizo, de luns a domingo, festivos incluídos.
Salario bruto mensual: a xornada completa 1.105,21 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
5. Tarefas a realizar: as indicadas na Ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar do concello de Rairiz de Veiga (BOP n.º 177, do 03.08.2013, BOP n.º 215, do 18.09.2014, e BOP n.º 268, do 21.11.2015).
As bases da convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello [http://rairizdeveiga.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios para maior difusión

