Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

10 Nov 2018

Faino na categoría de auxiliares de axuda no fogar

O concello de Rairiz de Veiga fai público no BOP do 10 de novembro por resolución da alcaldía do concello de Rairiz de Veiga con data 22.10.2018, a aprobación das bases co obxecto de regular a formación dunha bolsa de emprego, con vixencia durante o ano 2019 para a ocupación de auxiliares de axuda no fogar para o concello de Rairiz de Veiga, coa finalidade de dispor de persoal para cubrir as necesidades do servizo e para cubrir renuncias, baixas, vacacións, permisos e outros ceses temporais de prestación do servizo das traballadoras.
1. O contrato que se subscribirá é o que regula o artigo 15.1.a) do Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (TRLET).
2. O sistema de selección é o concurso.
Bases específicas
1. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
2. Duración: segundo as necesidades do servizo, máximo ata o 31.12.2019.
3. Contrato laboral a formalizar: temporal para obra ou servizo determinado.
4. Xornada laboral: segundo as necesidades do servizo, de luns a domingo, festivos incluídos.
5. Salario bruto mensual: a xornada completa 1075,56 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
Tarefas a realizar: as indicadas na Ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar do concello de Rairiz de Veiga (BOP n.º 177, do 03.08.2013, BOP n.º 215, do 18/09/2014, e BOP n.º 268, do 21.11.2015). As bases da convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello [http://rairizdeveiga.sedelectronica.gal] e, no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Volver