O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA BUSCA UN SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
Oferta un contrato de tres meses de duración
Publicada no BOP do 30 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, no concello de Rairiz de Veiga segundo decreto da alcaldesa de data 28/05/2019:
1. Número de prazas: 1
2. Denominación: socorrista para a piscina municipal.
3. Contrato laboral a formalizar: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
4. Xornada: completa, 40 horas semanais, de martes á tarde a domingo.
5. Sistema de selección: concurso de méritos.
6. Duración do contrato: tres meses.
7. Salario bruto mensual: 1.129,94 € (incluídos tódolos conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
8. Prazo e lugar para presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas.
9. O texto íntegro das bases de selección estará publicado no taboleiro de edictos do concello e na sede electrónica do Concello: https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info

