O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA BUSCA PIÓNS E MONITORAS/ES DE TEMPO LIBRE
Amplían as bases e crean unha nova bolsa de emprego
Por resolución da alcaldía, do día 13 de xaneiro de 2022, aprobáronse a ampliación de bases para a constitución dunha bolsa de emprego por concurso oposición para a contratación de pións/pioas de decotas e oficios varios do concello de Rairiz de Veiga.
Modalidade de contratación: contrato indefinido
1. Xornada: completa.
2. Servizo: decotas e oficios varios.
3. Sistema de selección: concurso - oposición.
4. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.30 h.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Rairiz de Veiga, situado nas oficinas municipais e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info.0. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga e no taboleiro de anuncios do concello.
Por Resolución da Alcaldía, do día 3 de xuño de 2022, aprobáronse as bases específicas para a selección e contratación dun/dunha monitor/a de educación e tempo libre para un campamento de verán e creación dunha bolsa de emprego para o exercicio 2022 con cargo á subvención de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense.
Modalidade de contratación: contrato indefinido
1. Xornada: parcial.
2. Servizo: monitor/a de tempo libre.
3. Sistema de selección: concurso.
4. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.30 h. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Rairiz de Veiga, situado nas oficinas municipais e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info.0. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga e no taboleiro de anuncios do concello.

