Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA BUSCA DOUS PIÓNS FORESTAIS

22 Mai 2021

Trátase de contratos de tres meses de duración

O concello de Rairiz de Veiga fai pública no BOP do 22 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo o Decreto da alcaldesa con data 30/04/2021:

Pións forestais:

• Número de prazas: 2

• Denominación do posto: pión forestal.

• Contrato laboral que se formalizará: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

• Xornada laboral: completa, 40 horas semanais, de luns a venres.

• Sistema de selección: concurso de méritos.

• Duración del contrato: 3 meses.

• Salario bruto mensual: 1.108,33 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).

• Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio  no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info.0

 

Volver