Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PUNXIN OFERTA UN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL

01 Abr 2022

É para un chófer de tractor rozadora

O concello de Punxín fai público no BOP do 1 de abril que, unha vez aprobada, por resolución da alcaldía do 28/03/2022, a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, para cubrir unha praza de chofer de tractor-desbrozadora e encargado/a de medio ambiente e vías públicas, até que finalice o proceso de selección en curso para cubrir a praza en réxime laboral fixo, ábrese o prazo de presentación de solicitudes. O dito prazo será de cinco días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse o anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Na sede electrónica [http://punxin.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios, para maior difusión, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza. O prazo de presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello [http://punxin.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios.

Volver