O CONCELLO DE PORQUEIRA PUBLICA DÚAS CONVOCATORIAS CON OFERTAS DE EMPREGO
Trástase de 6 postos de traballo temporais
Convocatoria para a contratación laboral dun/unha capataz, un/unha pión/pioa condutor/a e tres pións/pioas forestais, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía do 08/06/2023:
1. Número e denominación das prazas: un/unha capataz/a, un/unha pión/pioa condutor/a e tres pións/pioas forestais.
2. Modalidade de contratación: contrato temporal por circunstancias da produción.
3. Xornada: completa.
4. Duración do contrato: tres meses.
5. Sistema de selección: concurso de méritos e proba práctica.
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. Se o último día cadra en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello: (concello.porqueira@eidolocal.es) unha copia desta, o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.
Unha vez aprobadas, por Resolución da Alcaldía do 08/06/2023, as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 chofer/esa para o manexo de tractor rozadoira e outros vehículos no concello de Porqueira en réxime laboral temporal, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso:
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: chofer de tractor rozadoira.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 2 meses.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira, situado na estrada de Xinzo a Bande, n.º 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común de las administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica https://porqueira.sedelectronica.gal/info.0