Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PORQUEIRA OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

19 Set 2022

O concello de Porqueira fai público no BOP do 19 de setembro que, unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía do15/09/2022, a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, e as bases que rexerán a contratación de 1 auxiliar de axuda no fogar, o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao concurso.

1 Número de prazas: 1.
2 Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3 Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución.
4 Sistema de selección: concurso.
5 Duración do contrato: até que finalice o proceso de selección en curso para cubrir a praza en réxime laboral fixo.
6 Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira, situado na estrada de Xinzo a Bande, 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9.00 a 14.30 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, será necesario notificalo mediante un correo electrónico a: concello.porqueira@eidolocal.es
7 Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Porqueira e na sede electrónica https://porqueira.sedelectronica.gal/info.0. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver