Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PORQUEIRA OFERTA UN POSTO PARA A LIMPEZA

21 Xun 2022

Trátase dun contrato de 3 meses de duración

Unha vez aprobadas no concello de Porqueira, por resolución da alcaldía do día 16/06/2022, a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos e as bases que rexerán a contratación de persoal de limpeza, publícase no BOP do 21 de xuño o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: persoal de limpeza.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 3 meses.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Porqueira, situado na estrada de Xinzo a Bande, núm. 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sendo necesario neste último caso notificalo mediante correo electrónico á dirección concello.porqueira@eidolocal.es.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Porqueira e na sede electrónica https:// porqueira. sedelectronica. gal/ info.0. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver