Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE PORQUEIRA OFERTA TRES PRAZAS TEMPORAIS

26 Out 2016

Son para operari@s para o servizo de limpeza e mantemento de espazos públicos

O concello de Porqueira publica no BOP do 26 de outubro a convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do decreto da alcaldía con data 21.10.2016 para tres prazas de operari@s para o servizo de limpeza e mantemento de espazos públicos. A modalidade de contratación será laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a venres. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato será de 6 meses, sendo o salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) de 920,68 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección é de cinco días hábiles dende a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.  O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do concello de Porqueira (estrada de Xinzo a Bande, número 4, Forxa-Porqueira)

Volver