Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE PORQUEIRA OFERTA CONTRATOS PARA O SERVIZO DE LIMPEZA

30 Mai 2016

Son dúas prazas temporais laborais

O concello de Porqueira fai pública no BOP de hoxe, 30 de maio a convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do Decreto da Alcaldía con data 24.05.2016. Trátase de dúas prazas para operarias/os para o servizo de limpeza e mantemento. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais para obra ou servizo determinado. A xornada vai ser completa, 40 horas semanais, de luns a venres. O sistema de selección por concurso de méritos, sendo a duración do contrato, ata o final de outubro de 2016. En canto ó salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) importará 1.000,00 €.
O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección é de cinco días hábiles dende a publicación deste anuncio no BOP (30/05/2016), no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Porqueira. (Estrada de Xinzo a Bande, n.º 4, Forxa-Porqueira)

Volver