Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PORQUEIRA BUSCA UN/HA SOCORRISTA

30 Xun 2023

É un contrato de dous meses de duración

O concello de Porqueira, unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía do 27/06/2023, as bases que rexerán a contratación por concurso de méritos en réxime laboral temporal por substitución de 1 socorrista para as piscinas municipais no concello de Porqueira, para os efectos de cubrir días libres, publica no BOP do 30 de xuño o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1. Número de prazas: 1.

2. Denominación: socorrista.

3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución.

4. Sistema de selección: concurso.

5. Duración do contrato: 2 meses.

6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 3 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira, situado na estrada de Xinzo a Bande, n.º 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica https://porqueira.sedelectronica.gal/info.0

Volver