Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PORQUEIRA BUSCA UN/HA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

26 Abr 2022

É un contrato laboral temporal por substitución

O concello de Porqueira fai público no BOP do 28 de abril que, por resolución da alcaldía do día 22/04/2022, aprobaron a
contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos e as bases que rexerán a contratación dun/unha auxiliar de axuda no fogar. Iste é o resumo da convocatoria:

1. Número de prazas: 1.

2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.

3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución.

4. Sistema de selección: concurso.

5. Duración do contrato: ata que finalice o proceso de selección en curso para cubrir a praza en réxime laboral fixo

6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira, situado na Estrada de Xinzo a Bande, núm. 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último será necesario caso notificarllo ao Concello mediante correo electrónico no enderezo concello.porqueira@eidolocal.es.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Porqueira e na sede electrónica https:// porqueira. sedelectronica. gal/info.0 Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver