Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PORQUEIRA BUSCA PERSOAL PARA CREAR A BRIGADA FORESTAL

29 Xun 2022

Son postos para capataz, pión condutor/a e pión

O concello de Porqueira fai pública no BOP do 29 de xuño a convocatoria para a contratación laboral dun/ha capataz, un/ha pión condutor/a e tres pións forestais, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 23/06/2022:

1. Número e denominación das prazas: un/ha capataz, un/ha pión condutor/a e tres pións forestais.
2. Modalidade de contratación: contrato temporal por circunstancias da produción.
3. Xornada: completa.
4. Duración do contrato: tres meses.
5. Sistema de selección: concurso de méritos e proba práctica.
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Porqueira, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. Se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello: (concello.porqueira@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello: https://porqueira.sedelectronica.gal/info.0. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver