O CONCELLO DE PORQUEIRA BUSCA EDUCADOR/A SOCIAL
Trátase dun contrato temporal a media xornada
O concello de Porqueira, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 educador/a social para a Residencia da Terceira Idade de Porqueira, publica no BOP do 23 de marzo o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: educador/a social.
3. Modalidade de contratación: temporal a media xornada.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 3 meses.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 10 días naturais, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira, situado na estrada de Xinzo a Bande, n.º 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado o taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica
https://porqueira.sedelectronica.gal/info.0

