Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PORQUEIRA BUSCA DOCENTES PARA UN CURSO AFD

16 Abr 2022

Impartirán os módulos do curso “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”

O concello de Porqueira fai público no BOP do 16 de abril que por resolución da alcaldía do día 11/04/2022, aprobaron a contratación e as bases que rexerán a contratación de dous docentes en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos para o curso en liña de formación ocupacional denominado “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, en consecuencia, convócanse as seguintes prazas:
A) Un docente para os módulos MF1016 e MF1019. Bases (A)
B) Un docente para os módulos MF1017 e MF1018. Bases (B).
1. Número de prazas: 2.
2. Denominación: docente.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por causa da produtividade.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: estímase do 09/05/2022 ao 19/09/2022, axustándose ás datas en función dos módulos formativos que vaia impartir o docente.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira, situado na estrada de Xinzo a Bande, núm. 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; neste último caso será necesario notificarllo ao Concello mediante correo electrónico ao enderezo concello.porqueira@eidolocal.es.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Porqueira e na sede electrónica https:// porqueira. sedelectronica. gal/ info.0.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver