Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PORQUEIRA BUSCA AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

23 Ago 2022

Ofertan un contrato de substitución

O concello de Porqueira fai público no BOP do 23 de agosto que, unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía do día 18/08/2022, as bases que rexerán a contratación dun/dunha auxiliar de axuda no fogar a contratación en réxime laboral temporal e mediante o concurso de méritos, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: ata que finalice o proceso de selección en curso para cubrir a praza en réxime laboral fixo.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Porqueira, situado na estrada de Xinzo a Bande, núm. 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sendo necesario neste último caso notificalo mediante un correo electrónico ao enderezo concello.porqueira@eidolocal.es.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Porqueira e na sede electrónica https://porqueira.sedelectronica.gal/info.0. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver