Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PIÑOR OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

23 Mar 2016

Será un contrato temporal para cubrir vacacións

Publícase no BOP de hoxe o anuncio de selección dun/ha auxiliar de axuda no fogar do Concello de Piñor.
A Alcaldía, mediante Resolución de data 18 de marzo de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar temporalmente un/ha auxiliar de axuda no fogar para cubrir as vacacións das auxiliares que prestan o Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Piñor.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o
prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP (23/03/2016).
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello, na rúa de Piñor s/n e teléfono 988 403 236.

Volver