Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PIÑOR OFERTA SETE POSTOS DE TRABALLO

09 Xun 2020

Son contratos de tres meses de duración

A alcaldía do concello de Piñor fai público no BOP do 9 de xuño que, mediante resolución con data 4 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar sete pións forestais por un período de tres meses. Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no rexistro electrónico do concello (https://pinor.sedelectronica.gal), ou no seu caso no rexistro xeral deste concello, en horario 9:00 a 14:00 h, con cita previa, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste (https://pinor.sedelectronica.gal).

 

Volver