O CONCELLO DE PIÑOR OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Formarán a brigada de prevención e defensa contra incendios
A alcaldía do concello de Piñor, mediante a resolución con data 5 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (1 xefa/e de brigada e 4 pións) por un período de tres meses. Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no rexistro electrónico do concello (https://pinor.sedelectronica.gal), ou no seu caso no rexistro xeral deste concello, en horario 9:00 a 14:00 h, con cita previa, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste concello (https://pinor.sedelectronica.gal).

