Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PIÑOR BUSCA UN/HA TÉCNIC@ DE MEDIO AMBIENTE

17 Abr 2021

A alcaldía do concello de Piñor fai público no BOP do 17 de abril que, mediante resolución con data 7 de abril de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar, polo procedemento de concurso de persoal laboral temporal un/ha técnica/o de Medio Ambiente para cubrir en réxime de interinidade, até que se incorpore a titular da praza. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudesprioritariamente no rexistro electrónico do concello (https://pinor.sedelectronica.gal), ou no seu caso no rexistro xeral deste concello, en horario 9:00 a 14:00, con cita previa, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste (https://pinor.sedelectronica.gal).

Volver