Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PETÍN OFERTA UN CONTRATO DE CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA

17 Abr 2021

Farán a contratación mediante concurso oposición

O concello de Petín fai pública no BOP do 17 de abril, por resolución da alcaldía,  con data 14/04/2021, a aprobación das bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral, dunha praza de chofer de tractor-rozadora, mediante o sistema de concurso-oposición. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 5 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial de la Provincia de Ourense. Xúntanse as bases reguladoras que rexeran a convocatoria:

Número de prazas: 1

Modalidade da contratación: contrato por obra ou servizo determinado (6 meses), a tempo completo.

Horario do contrato: 40 horas semanais, 8 horas ao día, conforme coa planificación dos traballos que para o efecto sinale o alcalde do concello de Petín.

Denominación do posto: chofer de tractor-rozadora.

Salario bruto mes, incluíndo pagas extras: 1.162,98 €

Tarefas para realizar: levar a cabo co tractor rozadora traballos de limpeza e roza de camiños, zonas verdes e análogos no concello de Petín, relacionados coas tarefas de limpeza das marxes das vías municipais e provinciais, e todas aquelas relacionadas co servizo que a Alcaldía lle asigne.

Prazo de presentación das solicitudes no concello e modelo de instancia:

No prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense, mediante a instancia que se transcribe no anexo, presentada na casa do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Condicións e requisitos que deben reunir as persoas aspirantes, así como forma de xustificación:

a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público en Galicia, así como estranxeiros que teñan a súa residencia legal en España. (Achegarase fotocopia compulsada do DNI ou da tarxeta de residencia).

b) Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía. (Acreditarase mediante declaración na instancia de solicitude).

c) Ter cumpridos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

d) Deberá posuír permiso de conducir clase B ou superior en vigor.

e) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes función e tarefas. (Acreditarase mediante declaración na instancia da solicitude).

Baremo de puntuación dos méritos, así como forma de xustificación por parte dos interesados/as:

1. Experiencia profesional: (máximo 6 puntos)

- Por cada mes completo de servizos prestados en postos similares no concello de Petín: 0,40 por mes traballado.

- Por cada mes completo de servizos prestados en postos similares noutras administracións públicas: 0,20 por mes traballado.

- Por cada mes completo de servizos prestados en postos similares na empresa privada: 0,10 por mes traballado.

Rexeitaranse as fraccións de tempo inferiores ao mes, e os contratos de xornada inferior á xornada completa valoraranse de xeito proporcional.

Acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada, e copia compulsada dos contratos de traballo ou certificados de empresa. A experiencia que non se considere debidamente xustificada non se puntuará.

2. Formación: (máximo 2 puntos)

- Por asistencia a cursos organizados por administración públicas ou homologados, relacionados coas funcións do posto,

Cursos de 20 horas a 50 horas: 0,25 puntos

Cursos de 51 horas a 100 horas: 0,50 puntos

Cursos de máis de 100 horas: 1 punto

Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa co número de horas, no caso de que non estableza as horas, considerarase inferior a 20 horas, polo que non se lle outorgará puntuación.

3. Coñecemento da lingua galega (máximo 1 punto).

Valorarase o coñecemento da lingua galega acreditado polos cursos e titulacións homologadas pola Xunta de Galicia (só se valorará o grao superior alegado)

- Celga 1: 0,25 puntos

- Certificado do curso de iniciación á lingua galega ou Celga 2: 0,50 puntos

- Certificado do curso de perfeccionamento da lingua galega ou Celga 3: 0,75 puntos

- Celga 4: 1 punto

4. Proba práctica: (máximo 3 puntos).

Por parte do órgano de selección que se indica seguidamente, realizarase unha proba práctica a cada aspirante ao posto, no que se valorará, tanto o coñecemento dos territorios onde se levarán a cabo os traballos co tractor, como o manexo práctico do tractor.

Órgano de selección: será un órgano colexiado que se comporá das seguintes persoas:

Presidente: María Blanco Benéitez: funcionaria de carreira do concello de Petín.

Vogal: María Teresa Díaz Docampo: traballadora social do concello de Petín.

Vogal: Noemí Domínguez Fernández: persoal laboral do concello de Petín.

Secretario: Alfonso Manuel Alcalá Pérez: secretario-Interventor do concello de Petín.

O órgano de selección reunirase unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes dos candidatos/as na casa do concello. Primeiramente, realizarase a proba práctica a cada aspirante ao posto (sendo avisados previamente da hora e data de realización). Para isto, os/as aspirantes presentaranse na casa do concello para poder realizala. Se algún/algunha aspirante non se presenta á proba, esta puntuarase con 0 puntos, procedendo a puntuar o resto dos méritos presentados. A continuación, o órgano de selección procederá a valorar o resto da documentación presentada polos/as aspirantes. Ao seu remate, confeccionarase unha acta na que se reflectirá o total da puntuación obtida por cada aspirante, en todos os apartados que se puntúan, segundo o descrito nestas bases. O/A aspirante que reúna a máxima puntuación será o proposto polo tribunal para o posto. Esta acta publicarase na sede electrónica do concello de Petín (https:// petin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do concello.

Contratación das persoas:

Mediante decreto desta Alcaldía procederase a contratar á persoa proposta polo tribunal, que resultase coa maior puntuación na acta mencionada no punto anterior. Este decreto da clcaldía publicarase na sede electrónica do concello de Petín (https://petin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do concello.»Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello [dirección https://petin.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios, para maior difusión. Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpoñer alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a alcaldía deste concello de Petín, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Volver