O CONCELLO DE PARADA DO SIL BUSCA UN/HA AUXILIAR
Será un/unha funcionario/a interino/a da subescala de auxiliar de administración xeral
O concello de Parada do Sil fai público no BOP do 2 de xuño que, mediante decreto do alcalde do concello de Parada de Sil, aprobáronse as bases do proceso selectivo para seleccionar un/unha funcionario/a interino/a da subescala de auxiliar de administración xeral, subgrupo C2 e formar unha bolsa de emprego para cubrir posibles substitucións.
De acordo coas bases que rexen o procedemento selectivo, publícase o anuncio da convocatoria mediante un anuncio no BOP de Ourense e a publicación íntegra das bases no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: https://paradadesil.sedelectronica.gal.
Aquelas persoas aspirantes que desexen participar no dito proceso disporán dun prazo de dez (10) días naturais para presentaren as solicitudes.

