O CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL
É pra un chófer de máquina rozadora
O concello de Paderne de Allariz fixo público no BOP do 19 de abril a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 17.04.2017 pra unha praza denominada chófer de máquina rozadora. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, tendo unha duración de 4 meses. O sistema de selección será por concurso-oposición. O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (19/4/17), no rexistro do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

