Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ OFERTA UNHA PRAZA PARA CHÓFER DE MÁQUINA ROZADORA

29 Abr 2016

Trátase dun contrato laboral cunha duración de 4 meses

O concello de Paderne de Allariz fixo pública no BOP de hoxe, 29 de abril a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 22/04/2016 unha praza para un/ha chófer de máquina rozadora. A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, tendo o mesmo unha duración de catro meses. Aplicarán como sistema de selección o concurso oposición.
Para presentar as instancias hai un prazo de 5 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (29/04/16), no Rexistro do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Para descarregar o anuncio pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver