Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

28 Mai 2021

Son contratos de tres meses a xornada completa

O concello de Paderne de Allariz, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir catro postos de traballo de persoal laboral temporal, publica no BOP do 28 de maio o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (expediente 3/2021).
- Número e denominación dos postos: un/ha xefe/a de brigada, un/ha pión condutor/a e dúas/dous pións forestais da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Paderne de Allariz.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Duración do contrato: 3 meses.
- Sistema de selección: concurso.
- Bases da convocatoria: poderanse consultar no taboleiro de edictos e na web do concello https://padernedeallariz.sedelectronica.gal .
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Paderne de Allariz (Rioseco, n.º 7 32111 Paderne de Allariz), en horario de 09.00 h a 14.00 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver