Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

27 Mai 2020

Son postos para auxiliares de axuda no fogar

Por resolución da alcaldía do concello de Paderne de Allariz de 19 de maio de 2020, aprobáronse e aparecen publicadas no BOP do 27 de maio as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Paderne de Allariz para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar, de cara a futuras substitucións ou contratación laborais temporais, polo sistema de concurso de méritos.

O prazo de presentación de instancias para a participación no proceso de selección será de 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Ourense. Os/as interesados/as poderán consultar as das bases de selección no taboleiro de edictos e na web do concello https://padernedeallariz.sedelectronica.gal

Volver