Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ CONVOCA UNHA PRAZA PARA UN CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA

10 Mai 2016

Publícase no BOP do 10 de maio

O concello de Paderne de Allariz fai unha convocotaria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 22/04/2016 para unha praza de chófer de máquina rozadora.
A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, tendo unha duración do contrato de 4 meses. Para o sistema de selección aplicarán o concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio
no BOP, no Rexistro do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou calquera dos medios admitidos en dereito.
O texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver