Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE OIMBRA OFRECE UNHA PRAZA TEMPORAL DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

02 Xun 2018

Traballará na oficina de información xuvenil

O concello de Oímbra fai público no BOP do 2 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión do posto de traballo para un/ha auxiliar administrativo para a OIX (oficina de información xuvenil) do concello de Oímbra. A alcaldía, mediante resolución do 21 de maio de 2018, aprobou as  bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha auxiliar  administrativo para a OIX (Oficina de Información Xuvenil) do concello de Oímbra. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Oímbra de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web do concello www.oimbra.es

Volver