Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE OIMBRA OFERTA UNHA PRAZA

02 Xun 2017

Trátase dun posto de monitor/a do Programa de conciliación laboral-familiar Oímbra - Verán 2017

O concello de Oímbra fai publico no BOP do 2/6/17 a oferta para unha praza de monitor/a o Programa de conciliación laboral-familiar Oímbra - Verán 2017. Terá un contrato por obra ou servizo determinado a tempo parcial. A duración do contrato: 26/06/2017 ao 01/09/2017. Horario do contrato: de 9.00 ás 13.30. 4 horas e trinta minutos.
O horario distribuirase en función das necesidades de funcionamento do servizo.
O salario bruto mes, incluíndo pagas extras: 614,08 €, e as tarefas para realizar serán organizar, dinamizar e avaliar actividades de tempo libre educativo dirixidas aos nenos/as, no marco dunha programación xeral, aplicando as técnicas específicas de animación grupal, incidindo explicitamente na educación en valores, e atendendo ás medidas básicas de seguridade e prevención de riscos. O prazo de presentación das solicitudes no concello e modelo de instancia faranse no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP, mediante a instancia que se transcribe no anuncio, presentada na casa do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas (se coincide en sábado de 9.00 a 12.00).

Volver