Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE OIMBRA OFERTA UNHA PRAZA DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA

10 Mar 2017

É un contrato laboral temporal

O concello de Oímbra fai público no BOP do 10 de marzo a oferta dun contrato de chófer de tractor rozadora, por obra ou servizo determinado, a tempo completo cunha duración de 8 meses, con horario de 40 horas semanais, 8 horas ao día, conforme a planificación dos traballos que para o efecto sinalen os alcaldes dos concellos de Oímbra e Laza, posto que o tractor-rozadora é propiedade de ambos os dous concellos.O salario bruto mes, incluíndo pagas extras será de de 950,00 €, e as tarefas a realizar son as de levar a cabo co tractor-rozadora traballos de limpeza e rozadura de camiños, zonas verdes e análogos nos concellos de Oímbra e Laza, relacionados coas tarefas de prevención e loita contra incendios, nos que se inclúen as vías provinciais, e todas aquelas relacionadas co servizo que as Alcaldías de Oímbra e Laza lles asignen. O prazo de presentación das solicitudes no concello e modelo de instancia é de 4 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (10/03/17), mediante a instancia que se transcribe no anexo, presentada na casa do concello, en horario de 9.00 a 15.00 horas (se coincide en sábado de 9.00 a 12.00).

Condicións e requisitos que deben reunir as persoas aspirantes, así como forma de xustificación:
a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público en Galicia, así como estranxeiros que teñan a súa residencia legal en España. (Achegarase fotocopia compulsada do DNI ou da tarxeta de residencia).
b) Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais  ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesionalá que se pertencía. (Acreditarase mediante declaración na instancia de solicitude).
c) Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
d) Deberá posuír permiso de conducir clase B ou superior en vigor.
e) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións e tarefas. (Acreditarase mediante declaración na instancia da solicitude).

Baremo de puntuación dos méritos, así como forma de xustificación por parte dos/as interesados/as:
1. Experiencia profesional: (máximo 6 puntos)
- Por cada mes completo de servizos prestados en postos similares no Concello de Oímbra: 0,40 por mes traballado.
- Por cada mes completo de servizos prestados en postos similares noutras administracións públicas: 0,20 por mes traballado.
- Por cada mes completo de servizos prestados en postos similares na empresa privada: 0,10 por mes traballado.
Rexeitaranse as fraccións de tempo inferiores ao mes, e os contratos de xornada inferior á xornada completa valoraranse de xeito proporcional. Acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada, e copia compulsada dos contratos de traballo ou certificados de empresa. A experiencia que non se considere debidamente xustificada non se puntuará.
2. Formación: (máximo 3 puntos)
- Por asistencia a cursos organizados por administracións públicas ou homologados, relacionados coas funcións do posto:
Cursos de 20 horas a 50 horas: 0,25 puntos
Cursos de 51 horas a 100 horas: 1 punto
Cursos de máis de 100 horas: 2 puntos
Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa co número de horas, no caso de que non estableza as horas, considerarase inferior a 20 horas, non outorgándoselle puntuación.
3. Carné de conducir superior ao esixido na convocatoria (máximo 1 punto):
Valoraranse os seguintes permisos de condución que estean en vigor e que acrediten a aptitude profesional:
- C1: 0,25 puntos
- C: 0,50 puntos
- CE: 1,00 puntos
4. Coñecemento da lingua galega (máximo 1 punto).
Valorarase o coñecemento da lingua galega acreditado polos cursos e titulacións homologadas pola Xunta de Galicia (só se valorará o grao superior alegado)
- Celga 1: 0,25 puntos.
- Certificado do curso de Iniciación ao galego ou Celga 2: 0,50 puntos.
- Certificado do curso de Perfeccionamento ao galego ou Celga 3: 0,75 puntos
- Celga 4: 1 punto.
5. Entrevista: (3 puntos).
Por parte do órgano de selección que se indica seguidamente, realizarase unha entrevista individual a cada aspirante ao posto, no que se valorará, tanto a actitude como a aptitude ante o posto de traballo, así como o coñecemento dos territorios onde se levarán a cabo os traballos co tractor.
Órgano de selección: compoñerase das seguintes persoas, sendo un órgano colexiado:
Presidente: o secretario-interventor do Concello de Laza.
Vogal: técnico nomeado pola Mancomunidade de Municipios de Verín.
Vogal: axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Oímbra.
Secretaria: secretaria-interventora do Concello de Oímbra.
O órgano de selección reunirase o día 20 de marzo de 2017, ás 13.00 horas, na Casa do Concello, primeiramente realizarase a entrevista persoal e individual a cada aspirante ao posto. Para iso, o mencionado día e hora, os/as aspirantes presentaranse na Casa do Concello para poder realizala, se algún/ha aspirante non se presenta á entrevista, esta puntuarase con 0  puntos, procedendo a puntuar o resto dos méritos presentados. A continuación, o órgano de selección procederá a valorar o resto da documentación presentada polos/as aspirantes. Ao seu remate, confeccionarase unha acta na que se reflectirá o total da puntuación obtida por cada aspirante, en todos os apartados que se puntúan, segundo o reflectido nestas bases. O/a aspirante que reúna a máxima puntuación será o proposto polo tribunal para o posto. Esta acta publicarase na páxina web (www.oimbra.es) e no taboleiro de anuncios do concello. Contratación das persoas: Mediante decreto desta Alcaldía procederase a contratar á persoa proposta polo tribunal, que resultara con máis puntuación na acta mencionada no punto anterior. Este decreto da
Alcaldía publicarase na páxina web (www.oimbra.es) e no taboleiro de anuncios do concello.

Anexo I
Don/dona maior de idade, con DNI núm. , con domicilio para os efectos de notificacións en , provisto do teléfono núm.
Expón:
Que ten coñecemento da convocatoria realizada polo Concello de Oímbra para cubrir mediante concurso, valorando os méritos, a praza de persoal laboral temporal de ...
Considera que reúne os requisitos previstos nas bases da Convocatoria, e solicita participar no proceso, achegando a fotocopia compulsada do seu DNI, e os seguintes documentos para que poidan ser tidos en conta na valoración dos méritos.

- ...
- ...
- ...
Así mesmo, declara expresamente e baixo a súa responsabilidade:
- Que non ten sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin se atopa na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos, por resolución xudicial.
- Que posúe as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas queson necesarias para o desempeño das correspondentes funcións e tarefas.
Oímbra, de de 2017.
Asdo.: ...
Dirixido á alcaldesa do Concello de Oímbra.

Volver