Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE OIMBRA OFERTA UN POSTO DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA

03 Mar 2021

Traballará para o servizo de roza e prevención mecanizada 2021

A alcaldía do concello de Oimbra fai público no BOP do 3 de marzo que, mediante a resolución do 1 de marzo de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente un chofer de tractor rozadora para o servizo de roza e prevención mecanizada 2021 do Concello de Oímbra. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP, de conformidade co establecido nas bases aprobadas. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica do concello oimbra.sedelectronica.gal

Volver