Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE OÍMBRA OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO

29 Xun 2022

Formarán a brigada contra lumes forestais

O concello de Oímbra fai público no BOP do 29 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo: 1 xefa/e de brigada, 1 pión-condutor/a e 3 pións. A alcaldía, mediante resolución do 27 de xuño de 2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 1 xefa/e de brigada, 1 pión-condutor/a e 3 pións.

Brigadas contra incendios 2022, contratos vinculados ao convenio coa consellaría do Medio Rural da Xunta de Galiza que está cofinanciado polo Feader dentro da submedida 8,3 “axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes” do programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020 Os/as  interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Oímbra de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello: www.oimbra.sedelectronica.gal

Volver