O CONCELLO DE OIMBRA OFERTA 7 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son prazas para pións da brigada de mantemento
A alcaldía do concello de Oímbra fai público no BOP do 11 de marzo que, mediante a resolución do 8 de marzo de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 7 pións para a brigada de mantemento do Concello de Oímbra. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP, de conformidade co establecido nas bases aprobadas. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica do concello oimbra.sedelectronica.gal

