O CONCELLO DE OIMBRA OFERTA 5 POSTOS DE TRABALLO
Formarán a brigada contra incendios
Selección de persoal no concello de Oímbra, publicada no BOP do 16 de xuño para a provisión dos postos de traballo para conformar 1 brigada contra o lume no concello de Oímbra: 1 xefe/a de brigada, 1 pión/pioa condutor/a e 3 pións/pioas.
A alcaldía, mediante a resolución do 15 de xuño de 2023, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 1 xefe/a de brigada, 1 pión/pioa-condutor/a e 3 pións/pioas, dunha brigada contra incendios 2023.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Oímbra de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello https://oimbra.sedelectronica.gal