Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE OIMBRA OFERTA 10 PRAZAS

12 Xun 2017

Formarán dúas brigadas antiincendios forestais

O concello de Oimbra fai públicas no BOP do 12 de xuño as bases que regularán a contratación nese concello de 6 pións, 2 pións condutores/as e 2 xefes/as de brigada para o servizo de brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais. As súas funcións serán labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexa requirida a brigada para a defensa destes, durante cada un dos meses, con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.

Pra descarregar as bases da convocatoria abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver