Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE OÍMBRA FORMA AS BRIGADAS FORESTAIS

04 Xun 2021

Precisa pións, pións condutoras/es e xefas/es de brigada

O concello de Oímbra fai público no BOP do 4 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo: 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutor/a e 6 pións.

A Alcaldía, mediante a Resolución do 31 de maio de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente: 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutores/as e 6 pións para as brigadas contra incendios 2021. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Oímbra, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao de publicar este anuncio no BOP.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: www.oimbra.sedelectronica.gal.

Volver