O CONCELLO DE OIMBRA CONVOCA VARIAS PRAZAS TEMPORAIS
Son tres prazas de pións de obras públicas
O concello de Oímbra fai público no BOP de hoxe, 11 de maio, o anuncio da convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal, segundo as bases aprobadas por decreto da alcaldía con data 09.05.2016.
Trátase de 3 prazas de pións de obras públicas na modalidade da contratación de obra ou servizo determinado, a tempo parcial. Os contratos terán unha duración de 3, 4 e 5 meses, comezando dous deles o 24 de maio e rematando o 23 de setembro e 23 de outubro e un último que comezará o 24 de xullo rematando o 23 de outubro.
O horario será de, 6 horas ao día, (30 horas semanais) conforme a planificación dos traballos que para o efecto sinale a alcaldesa do Concello de Oímbra. O salario bruto mes, incluíndo pagas extras será de 876,00 €.
O prazo de presentación das solicitudes no concello é de 3 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
Para descarregar as bases da selección da convocatoria pica no pdf que está debaixo da fotografía

