O CONCELLO DE OIMBRA CONVOCA UNHA PRAZA DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA
Trátase dunha praza cunha duración de seis meses
O concello de Oímbra anuncia no BOP de hoxe, 9 de abril, a convocatoria para a contratación de persoal laboral
temporal, segundo as bases aprobadas por Decreto da Alcaldía con data 06/04/2016, para unha praza con contrato por obra ou servizo determinado, a tempo completo e cunha duración de 6 meses no posto de chófer de tractor rozadora. O horario do contrato será de 40 horas semanais, 8 horas ao día, conforme á planificación dos traballos que para o efecto sinalen os alcaldes do Concello de Oímbra e Laza, posto que o tractor rozadora é propiedade de ambos os dous concellos.
O salario bruto mes, incluíndo pagas extras será de 950,00 €.
O prazo de presentación das solicitudes será nas oficinas do concello nos 4 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial de la Provincia.
Exposición das bases: o texto completo das bases da selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello: www.oimbra.es.

