O CONCELLO DE OIMBRA CONVOCA UN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
É un posto laboral temporal
O concello de Oímbra fai públicas as bases do proceso para unha praza de auxiliar de axuda no fogar con contratación por obra ou servizo determinado, a tempo completo, con duración comprendida entre o día 08.05.2017 e o día 31.12.2017, salvo que se lle conceda ao concello algunha subvención para poder contratar en 2017 un posto de axuda a domicilio, nese caso este contrato causará baixa. O horario do contrato será de 40 horas semanais, 8 horas ao día, conforme á planificación dos traballos que ao efecto sinale a traballadora social do concello. O salario bruto mes, incluíndo pagas extras será de 1.017,68 euros. O prazo de presentación de instancias é de 4 días hábiles.
Pra descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

