Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE OIMBRA BUSCA UN/HA ADMINISTRATIVO/A

16 Mar 2021

Traballará no PIC (Punto de Información Catastral)

O concello de Oímbra fai público no BOP do 16 de marzo a selección de persoal para a provisión do posto de traballo para un/unha administrativo/a do PIC (Punto de Información Catastral), de trámites medioambientais e de arquivo 2021 do Concello de Oímbra. A Alcaldía mediante Resolución do 12 de marzo de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/unha administrativo/a do PIC (Punto de Información Catastral), de trámites medioambientais e de arquivo 2021 do Concello de Oímbra Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP, de conformidade co establecido nas bases aprobadas. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na súa sede electrónica oimbra.sedelectronica.gal    

Volver