Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE OIMBRA BUSCA UN/HA ADMINISTRATIVA/O

13 Xul 2020

Traballará na OIX

O concello de Oímbra fai público o anuncio de selección de persoal no BOP do 13 de xullo para a provisión do posto de traballo: un/unha administrativo/a para a OIX (Oficina de Información Xuvenil) do concello de Oímbra. A alcaldía, mediante a Resolución do 8 de xullo de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/unha administrativo/a para a OIX (oficina de información xuvenil) do concello de Oímbra. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido nas bases aprobadas. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases,que se atopan a disposición do público no concello e na súa sede electrónica.

Volver