Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MUIÑOS OFERTA UN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL

18 Mar 2022

É para monitor/a deportivo

O concello de Muíños, por decreto da alcaldía do 16 de marzo de 2022, aprobou as bases para a selección dun/ha traballador/a para o posto de traballo de monitor/a deportivo/a, de ocio e tempo libre e socorrista piscinas municipais.
1. Número e denominación do posto:
-1 monitor/a deportivo/a, de ocio e tempo libre e socorrista das piscinas municipais.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, a xornada completa.
3. Duración do contrato: máximo 6 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao de publicarse este anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios, na web do concello (http//www.concellomuinos.com) e na sede electrónica deste concello [http://concellomuinos.sedelectronica.gal].

Volver