Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MUIÑOS OFERTA UN POSTO DE ASESOR/A XURÍDICA/O

07 Dec 2020

É un contrato temporal para traballar no CIM

O concello de Muiños fai pública a convocatoria para a contratación laboral que se indica segundo o decreto de alcaldía do 2 de decembro de 2020 (bases aprobadas por acordo da xunta de goberno local extraordinaria con data 10 de agosto de 2020 ).

1.- Número e denominación das prazas: 1 asesor/a xurídico/a para o Centro de Información a Muller (CIM) do Concello de Muíños.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.

3.- Duración do contrato: até o 31/12/2021 (prorrogable)

4.- Sistema de selección: concurso-oposición.

5.- Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

6.- Exposición de bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello, www.concellomuinos.com e na sede electrónica deste concello http://concellomuinos.sedelectronica.gal

Volver