O CONCELLO DE MUIÑOS OFERTA UN POSTO DE ALBANEL
É un contrato temporal deica a fin de 2022
Publicada no BOP do 11 de maio a convocatoria do concello de Muíños para a contratación laboral que se indica, segundo as bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local, con data 6 de maio de 2021:
1.- Número e denominación das prazas: 1 operario/a servizos varios/oficial 1ª- albanel.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.
3.- Duración do contrato: até o 31/12/2022 (prorrogable).
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello (concellomuinos.com) e na sede electrónica deste concello [http://concellomuinos.sedelectronica.gal].

