O CONCELLO DE MUIÑOS OFERTA 8 POSTOS DE TRABALLO
Son para diferentes categorías
O concello de Muiños fai público no BOP do 16 de marzo que, por decreto da alcaldía do 14 de marzo de 2022, aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego temporal no concello de Muíños para o exercicio 2022.
1. Número e denominación dos postos:
- 6 traballadores/as, coa categoría de pión/pioa forestal para prestar o servizo de mantemento de infraestruturas de titularidade municipal e de prevención de incendios.
- 1 traballador/a, coa categoría de axudante de cociña para o servizo de Xantar en Rodas/Comedor Escolar e no Complexo Turístico O Corgo.
- 1 traballador/a, coa categoría de limpador/a no Complexo Turístico-Deportivo O Corgo, no polideportivo, campo de fútbol, casa reitoral e outras instalacións municipais.
- 1 condutor/a vehículos municipais/operario-a de servizos varios.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, a xornada completa.
3. Duración do contrato: máximo 6 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao de publicarse este anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios, na web do concello (http//www.concellomuinos.com) e na sede electrónica deste concello [http://concellomuinos.sedelectronica.gal]

