O CONCELLO DE MUIÑOS OFERTA 10 PRAZAS
Son prazas para conformar a brigada antiincendios
O concello de Muiños fai pública no BOP de hoxe, 8 de xullo, a convocatoria para a contratación laboral segundo as bases aprobadas por resolución de alcaldía de 6 de xullo de 2016. Trátase das prazas (convenio de colaboración coa consellería do medio rural) de 2 xef@s de brigada, 2 pións condutor@s e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa. A duración do contrato é de 3 meses, sendo o sistema de selección por concurso-oposición. O prazo e lugar de presentación de instancias é nos cinco días naturais seguintes ao de publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello

