Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MUIÑOS OFERTA 10 POSTOS DE TRABALLO

31 Mai 2017

Son para formar 2 brigadas de extinción de incendios forestais

O concello de Muíños fai publica no BOP do 31 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica segundo as bases aprobadas por acordo da xunta de goberno local de 11 de maio de 2017:
1.- Número e denominación das prazas ( convenio de colaboración coa consellaría de medio rural): 2 xef@s de brigada, 2 pións condutores e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.
3.- Duración do contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP (31/5/17), no rexistro xeral do concello en horario e 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6.- Exposición de bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (concellomuinos.com)

Volver